Comunidades Relixiosas
A vida relixiosa, unha lampara encendida.
As irmás Clarisas viven en Ribadeo desde mediados do século XIV. Son máis de seiscentos cincuenta anos de presenza no medio de nós. Elas compartiron a nosa vida e axudáronnos a construír a nosa historia, como pobo e como comunidade cristiá. No claustro levan unha vida de sinxeleza, de alegría e de paz; un testemuño fermoso que nos anima a todos.
A comunidade das Fillas da Caridade levan máis dun século entre nós dedicadas a tarefas asistenciais e educativas. Miles e miles de ribadenses e doutros pobos veciños pasaron polas súas aulas e aprenderon con elas o que máis vale na vida, as grandes virtudes cristiás que sempre é preciso salvagardar. Elas souberon transmitirnos os grandes valores de San Vicente e de Santa Luisa.
Contacto
updaribadeo@gmail.com
+34 616 377 300
© 2025. Unidade Pastoral de Ribadeo.
Redes Sociais
+34 650 951 938




