Catequese da Comunidade

Unha vocación de oración.

San Francisco e Santa Clara

Santa Clara nace en Asís no ano 1 193. Os seus pais eran Favarone de Offreduccio e Hortolana. Clara coñecerá o ideal evanxélico de santo Francisco e percibrá a súa orixinalidade. A santa de Asís deixouse seducir pola pobreza, entendida como o camiño da verdadeira fraternidade. Un camiño de sinxeleza, de alegría e de paz. Clara, recoñecendo a Francisco como o seu mestre e a súa guía, comprométese a seguir este camiño para sempre.

O Mosteiro de Ribadeo

A primeira comunidade de monxas clarisas é fundada no ano 1212 e pronto se establecería no Mosteiro de Santo Damián, moi preto de Asís. A difusión da orde comeza no ano 1218 cando se funda un novo mosteiro en Perugia. No século XIV había xa en España medio centenar de mosteiros da orde. A fundación de Ribadeo data do ano 1366. O mosteiro quedaría destruído por un incendio no ano 1544 e sería novamente danado durante a ocupación francesa de 1809.

A comunidade de Clarisas

Actualmente o mosteiro está formado por un edificio rectangular que conserva no interior a súa estrutura orixinal. A igrexa, dunha soa nave, conta cun arco triunfal que dá paso ao presbiterio. O claustro central, que é do século XVIII, ten forma cadrada, conta con arcos de medio punto e o teito ten un artesonado sinxelo. A día de hoxe a comunidade das irmás clarisas da nosa parroquia está formada por dez monxas.