Un Novo Comezo
Benvidos á nova web da Unidade Pastoral de Ribadeo
ANUNCIOS
9/27/20251 min read


A Igrexa é unha comunidade viva que medra e se renova en cada tempo. Hoxe, tamén o ámbito dixital é un lugar de encontro e anuncio do Evanxeo. Por iso nacemos en internet con esta nova páxina web: upaRibadeo.
Queremos que sexa moito máis ca un taboleiro de anuncios. Pretendemos ofrecer un espazo de comunicación e participación, no que atopar facilmente información sobre como realmente vivir a vida cristiá.
A nova web é tamén unha porta aberta para quen se achega por primeira vez. Quen estea buscando un lugar para celebrar os sacramentos, para retomar a fe ou para colaborar en accións solidarias poderá atopar aquí orientación e contacto. Así, este espazo dixital convértese nunha auténtica praza aberta, onde cada persoa é benvida.
Dámosche as grazas por visitarnos. Agardamos que esta ferramenta che axude a vivir a fe no día a día e a sentirte parte da gran familia de crentes que é a Igrexa. A tecnoloxía cambia, pero a mensaxe de Xesús permanece: somos chamados a camiñar xuntos, tamén na rede.
Contacto
updaribadeo@gmail.com
+34 616 377 300
© 2025. Unidade Pastoral de Ribadeo.
Redes Sociais
+34 650 951 938
