Liturxía e Celebracións
Expresións da beleza da fe.


Animación litúrxica
O grupo de animación litúrxica é un dos nosos grupos máis activos, posto que ten como tarefa axudarnos a celebrar mellor a nosa fe e favorecer a participación de todos. Por iso son importantes as personas que cada día preparan tódolos detalles necesarios para a celebración, os lectores, os músicos, os monagos e cada un dos ministerios que fan falla para a liturxia diaria e, moi especialmente, para a eucaristía dominical.


Confraría de Semana Santa
Cada primavera, na Semana Santa, os cristiáns celebramos a Pascua. Trátase dun momento moi importante para a nosa vida de fe e por iso dicimos que é a semana máis importante de todo o ano. Ademáis, moita xente ven durante eses días e participan connosco nas celebracións. Na parroquia contamos desde hai xa máis de vintecinco anos cun grupo grande de persoas que organizan as celebracións que temos na igrexa e cada unha das procesións que facemos polas rúas das nosas vilas.
Contacto
updaribadeo@gmail.com
+34 616 377 300
© 2025. Unidade Pastoral de Ribadeo.
Redes Sociais
+34 650 951 938
