Inicio da catequese

Comezo da catequese o 5 de outubro

ANUNCIOS

9/27/20251 min read

O próximo 5 de outubro dará comezo o novo curso de catequese nas parroquias da Unidade Pastoral de Ribadeo. A proposta inclúe grupos de nenos, mozos e adultos, tanto para a preparación da primeira comuñón e da confirmación como para o proceso completo de iniciación cristiá.

Convidamos as familias e todas as persoas interesadas a anotarse e a participar. A catequese é un camiño compartido no que a fe se aprende e se vive, coa axuda de catequistas e co apoio imprescindible das familias. É unha oportunidade para crecer na amizade con Xesús e para integrarse máis na comunidade cristiá.

Se desaxades insribirvos tedes o formulario xusto a continuación.