Catequese da Comunidade

Unha porta a vida cristiá.

Catequese de Nenos

A catequese de nenos comeza nas nosas parroquias a partir dos seis anos e durante tres vanse preparando, mediante diversas reunións grupais e maila participación na eucaristía dominical, para a celebración da primeira comunión. En toda esta tarefa catequética é moi importante o labor dos catequistas, pero también é indispensable o traballo das familias, pois a fe é algo que non pode ensinarse só teóricamente, senón que se ensina coa propia vida.

Catequese de Confirmación

Contamos tamén con varios grupos de nenos que se están preparando para celebrar o sacramento da confirmación. Este sacramento significa culminar o proceso de iniciación cristiá e, por iso, é o paso definitivo para o compromiso cristián na Igrexa e no mundo. Nas nosas parroquias existe a posibilidade de vivir este proceso de formación inmediatamente despois da primeira comunión.

Catequese de Adultos

A fe é un don de Deus que podemos acoller en calquera momento da vida. Nas nosas parroquias ofrecemos un camiño de catequese de adultos para aquelas persoas que desexan recibir os sacramentos da iniciación cristiá (bautismo, eucaristía e confirmación) ou completar algún deles.

Grupo de Catequistas

É tamén moi importante o grupo de máis de vinte catequistas que ao longo do ano organizan as diversas actividades e participan cos nenos na eucaristía dominical. Eles son os discípulos misioneiros que, aprendendo sempre do Mestre, axudan a medrar na fe aos nosos fillos, de xeito que tamén eles poidan vivir o seu ser cristiáns con liberdade, respostando